Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 53955

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

EXTRACTO da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C).

BDNS (Identif): 652112.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española, sempre que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas desde, polo menos, dous anos de antelación á data da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de política social nas áreas de discapacidade na data de publicación desta convocatoria.

b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, a entidade solicitante acreditará que non reparte beneficios, que, no caso de liquidación ou disolución desta, o seu patrimonio se destinará a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu labor con carácter gratuíto e de conformidade co disposto nos seus estatutos e nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

2. Todos os requisitos sinalados se deberán cumprir na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

3. Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades e asociacións de ámbito local ou provincial, así como as federacións, confederacións e agrupacións, e entidades e asociacións de ámbito autonómico.

4. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía das entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións dependentes deles, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais sindicais e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

5. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades ou persoas que incorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Segundo. Obxecto

O establecemento das bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2023 de axudas económicas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia para a adquisición no ano 2023 de vehículos de emisión cero, tipo eco ou etiqueta C verde, de ser o caso, adaptados a persoas con mobilidade reducida, que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Contidas na Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU de conformidade co Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS631C).

Cuarto. Contía

As actuacións subvencionables serán financiadas integramente pola Unión Europea a través dos fondos asignados á Xunta de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia mediante o instrumento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, aprobado polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, dentro do compoñente 22 de Economía dos coidados e reforzo das políticas de igualdade e inclusión social, liña de investimento I1.

Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2023, crédito por importe total de tres millóns seiscentos cincuenta mil euros (3.650.000,00 €) consignado na aplicación orzamentaria 13.04.312E.781.2 (proxecto 2022 00189).

O importe da axuda poderá ser de ata o 100 % do custo do/dos vehículo/s, cun límite máximo de 50.000,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e rematará, en todo caso, no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

Sexto. Outros datos

De conformidade co establecido na orde e nos termos establecido no artigo 7:

Será subvencionable a adquisición de vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou persoas con discapacidade, que reúnan as seguintes condicións:

a) Os vehículos deberán estar clasificados de emisións cero, de tipo eco ou etiqueta C verde pola Dirección Xeral de Tráfico, de acordo co disposto na Orde PCI/810/2018, do 27 de xullo, pola que se modifican os anexos II, XI e XVIII do Regulamento xeral de vehículos, aprobado polo Real decreto 2822/1998, do 23 de decembro.

b) Os vehículos deben estar adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida, de ser o caso. Para estes efectos, os vehículos deberán reunir as condicións previstas no Real decreto 1544/2007, do 23 de novembro, polo que se regulan os requisitos básicos de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade.

c) Os vehículos poderán ser adquiridos desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 30 de outubro de 2023.

Só se considera subvencionable a adquisición de vehículos novos.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

A conselleira de Política Social e Xuventude
P.S. (Decreto 153/2022, do 13 de setembro; DOG nº 175, do 14 de setembro)
Francisco José Conde López
Vicepresidente primero y conselleiro de Economía, Industria e Innovación