Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021346AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021346AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles as persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 22 de setembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE/CNI

da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021346AE-OU

X7666520E

Rúa Madalena, baixo, 27001 Lugo

2021375AE-OU

010192202711

Rúa Malburguete, núm. 3, 3 porta A, San Miguel do Campo, 32161 Nogueira de Ramuín (Ourense)

2021376AE-OU

34992454R

Rúa Pablo Picasso, núm. 1, 1º B, 32002 Ourense

2021380AE-OU

52491342Y

Rúa das Lilas, núm. 9, 32005 Ourense

2021382AE-OU

47741995K

Rúa Ramón Franco, núm. 86, 2º, 15810 Arzúa (A Coruña)