Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021756AE-OU e cinco máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021756AE-OU e cinco máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos cales se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles as persoas interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 22 de setembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE/pasaporte

da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021756AE-OU

Y7512420J

Rúa Xunqueira de Espadanedo, núm. 33, 1º, 32004 Ourense

2021757AE-OU

107883298

Rúa Xunqueira de Espadanedo, núm. 33, 1º, 32004 Ourense

2021758AE-OU

Y3178529N

Avenida de Buenos Aires, núm. 52, 4º D, 32004 Ourense

2021767AE-OU

46904862L

Rúa Rafael Alberti, núm. 1, 6º B, 15174 Culleredo (A Coruña)

2021773AE-OU

X3044359X

Rúa San Antón, núm. 3, 32600 Verín (Ourense)

2021781AE-OU

44460057E

Rúa D, núm. 4, 5º A, 32001 Ourense