Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto do parque eólico Chao do Marco, no concello de Becerreá (Lugo) (expediente LU-11/144-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

– O 5.7.2022 Enel Green Power España, S.L. presentou unha solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Chao do Marco (en diante, o parque eólico), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

– O 28.7.2022 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora o cumprimento dos requisitos indicados no artigo 29.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

– O 28.7.2022 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia de territorio.

– O 2.9.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m a núcleos de poboación.

– O 6.9.2022 a promotora presentou o xustificante de pagamento da tramitación do proxecto sectorial.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, o 9.9.2022 a dirección xeral competente en materia de enerxía achegou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao dito centro directivo, conforme o artigo 33.16 da Lei 8/2009.

– Mediante a Resolución do 30.11.2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Chao do Marco (expediente LU-11/144-EOL), promovido por Enel Green Power España, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante: Enel Green Power España, S.L.

Domicilio social: rúa Fernando de Casas Novoa, nº 35, portal B, 2º, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Chao do Marco.

Situación: concello de Becerreá (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Becerreá-Paradela.

Potencia instalada: 48 MW.

Número de aeroxeradores que se van a instalar: 8.

Produción neta anual estimada: 16.7556 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 53.451.550,43 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Núm. de vértice

Coordenadas ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

649.906,00

4.755.554,00

2

653.257,00

4.750.767,00

3

651.238,00

4.749.354,00

4

647.887,00

4.754.141,00

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

CM02

649.620,00

4.753.696,00

CM03

649.774,00

4.753.201,00

CM04

650.092,00

4.752.774,00

CM05

651.282,00

4.751.791,00

CM06

651.963,00

4.751.469,00

CM07

652.347,00

4.750.942,00

CM08

652.757,00

4.750.765,00

CM09

651.391,00

4.750.368,00

Coordenadas da subestación:

Vértice

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

651.090,29

4.752.325,07

2

651.173,89

4.752.263,02

3

651.144,41

4.752.223,30

4

651.060,81

4.752.285,35

Coordenadas da torre de medición:

Torre de medición

(PMM)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

651.578,00

4.751.512,00

Características técnicas principais das instalacións:

– Oito (8) aeroxeradores de 6.0 MW de potencia nominal unitaria con 115 m de altura da buxa e 170 m de diámetro de rotor.

– Oito (8) centros de transformación, situados no interior de cada un dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 6.500 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

– Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre os aeroxeradores e a subestación transformadora 30/220 kV, composta por tres circuítos con condutores tipo RH5Z1 18/30 kV e seccións de 240, 400 e 630 mm2 de aluminio. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións.

– Estación meteorolóxica de 118 m de altura.

– Subestación transformadora 30/220 kV do PE Chao do Marco, que se dimensionará para que sexa ampliable en previsión dunha potencial evacuación doutros parques na zona. Estará composta por un edificio de operación, un edificio de celas, unha caseta de residuos, un transformador principal 30/220 kV de 50 MVA e un transformador de servizos auxiliares cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, cimentacións e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública: a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

– Proxecto de execución (visado COEIG nº 20222008 con data do 5.7.2022)

– Estudo de impacto ambiental (EIA, asinado o 9.8.2022).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, visado COEIG nº 20222009 en data 5.7.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 56), así como no concello de Becerreá (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/chao-do-marco

Lugo, 28 de setembro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo