Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Padrenda (expediente IN407A 2022/93-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado número 2.880 do COETI de Vigo, con visado 22201439, do 28 de xuño de 2022, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U., CIF: B32274680.

Domicilio: rúa Coruña, núm. 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación CTA Outeiriños (expediente 2851-AT).

Situación: lugar de Outeiriños, concello de Padrenda (Ourense).

Orzamento: 11.087,16 € de execución material.

Características técnicas: modificación CTA Outeiriños.

– Substitución do transformador aéreo intemperie existente, de 25 kVA, por un novo CT de 160, xunto con toda a súa aparellaxe asociada. Novo cadro de baixa tensión e cadro de compensación de reactiva. Situación en coordenadas xeográficas: latitude 42°09’33.6”N; lonxitude: 8°07’41.9”W; fuso UTM: 29.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense