Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de setembro de 2022 polo que se notifica o acordo de execución subsidiaria do expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2005/73 e un máis.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 22 de xullo de 2021, ditou resolución pola que se dispón, en cumprimento da executoria 282/2019, do 1 de febreiro de 2021, ditada polo Xulgado do Penal número 5 da Coruña, a execución subsidiaria, á custa dos penados, da orde de demolición e reposición dos terreos ao estado anterior, recollida na resolución da Sentenza 201/2017, do Xulgado do Penal número 5 da Coruña, ditada no xuízo oral 388/2015.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade número 21383060Y, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Indicarlle á persoa interesada que contra este acordo non cabe ningún recurso, ao tratarse dun acto ditado en cumprimento da dita executoria.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística