Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de setembro de 2022, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/19/053.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o intento de mutuo acordo do expediente expropiatorio polas obras do MSV no contorno de TCA na estrada PO-308, pp.qq.. 3+500-5+100, de clave PO/19/053.06, no concello de Poio.

As persoas poden consultar o expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 15 de setembro de 2022

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

8A

5589315NG2958N

Sesto Rodríguez, María del Carmen; Casais Gómez, Daniel; Rodríguez Franco, Julio Aparicio; Parada Suárez, María Milagros

13

5388504NG2958N

Sesto Rodríguez, María del Carmen; Casais Gómez, Daniel; Rodríguez Franco, Julio Aparicio; Parada Suárez, María Milagros

14

5491921NG2959S

Vales Romay, Victoriano

30

36041A02200211

Calvo Serén, Salvador