Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres PO-02312-O-2021.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador número PO-02312-O-2021, por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

Infórmase que o expediente sancionador se atopa á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgase un prazo quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que se considere conveniente, presentar ou propoñer as probas que se consideren oportunas.

No suposto de que se decida pagar voluntariamente a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do devandito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 14 de setembro de 2022

Joaquín San Martín Zamácola
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

e matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida, data, hora, estrada e p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-02312-O-2021

OR7694O

76934366X

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.
6.7.2021; 9.50.00; PO510; 0,8

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros