Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53072

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 21 de setembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes no Servizo Galego de Saúde.

Mediante a Orde do 11 de xullo de 2022 (DOG nº 139, do 21 de xullo) anunciouse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes no Servizo Galego de Saúde que se detallan no anexo I desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 11 de xullo de 2022 e designar as persoas cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar os postos que tamén se especifican e que son seleccionadas conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino das persoas que obtiveron praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lles fosen concedidos aos/ás interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Montero Furelos, María José.

NIF: ***8513**.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde-grupo técnico da función administrativa.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Selección de Persoal.

Código do posto: SAS050000115770001.

Nivel C, D: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Castro Seijas, Mercedes.

NIF: ***6241**.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, grupo técnico da función administrativa.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Xestión de Profesionais.

Código do posto: SAS050000215770001.

Nivel C, D: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Prado Vaamonde, Margarita.

NIF: ***8503**.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, grupo técnico da función administrativa.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Políticas de Persoal.

Código do posto: SAS050000315770001.

Nivel C, D: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carácter persoal.