Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52897

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG número 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de colaboración entre o Concello de Curtis e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a realización de obras de interese público relacionadas co ambiente na contorna do concello, onde se instalará unha planta de transferencia de residuos para o servizo de varios concellos

Este convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello de Curtis e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a execución e o financiamento das obras de execución do proxecto de acondicionamento da senda fluvial do río Mandeo, segundo o proxecto técnico elaborado por Gloria Trigo Mayor, obras que constitúen un servizo público á poboación do concello no cal se implanta a instalación de xestión de residuos titularidade da sociedade, e que terán incidencia directa na mellora do ambiente e a súa contorna.

27.6.2022

150.000 €, impostos incluídos

Convenio de cooperación entre a Mancomunidade do Morrazo e a Sociedade Galega do Medioambiente, S.A. para a xestión da planta de transferencia de residuos da mancomunidade

O presente convenio ten por obxecto regular a cooperación entre a Mancomunidade do Morrazo e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a integración, no sistema institucional de residuos de Galicia, da planta de transferencia de residuos urbanos que a mancomunidade opera polos seus propios medios.

En virtude do presente convenio, a planta de transferencia estará integrada funcionalmente no sistema de xestión de residuos urbanos xestionado pola sociedade, sen prexuízo do mantemento da súa titularidade e xestión directa por parte da mancomunidade, e fixaranse as condicións técnicas e económicas da devandita integración.

28.7.2022

543.400 € IVE incluído

Convenio de colaboración relativo a actividades de interese xeral entre a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. e o Concello de Tordoia

O presente convenio ten por obxecto disciplinar a colaboración entre ambas as institucións do sector público para o financiamento dos gastos das obras correspondentes á remodelación da casa da cultura, segundo a memoria elaborada para o concello por Estudio Técnico Gallego, S.A. A casa da cultura presta servizos de interese público aos veciños da localidade, especialmente ao colectivo da terceira idade.

2.8.2022

15.000 € IVE incluído

Convenio de colaboración relativo a actividades de interese xeral entre a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. e o Concello de Vilanova de Arousa

O presente convenio ten por obxecto regular a colaboración entre o Concello de Vilanova de Arousa e a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. para a execución e o financiamento das obras de execución dos proxectos de mellora do firme nos accesos aos lugares de Romarís e A Fontenla (Baión), extensión da rede de saneamento no lugar da Fontenla (Baión) e limpeza de vías e mellora das drenaxes das vías municipais, segundo os proxectos técnicos elaborados pola arquitecta Marta Núñez de Miguel, obras que constitúen un servizo público á poboación do concello no cal se implanta a instalación de xestión de residuos titularidade da sociedade, e que terán incidencia directa na mellora do ambiente, do tráfico e dos servizos públicos.

12.8.2022

144.732 € IVE incluído

Cerceda, 9 de setembro de 2022

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.