Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52896

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2022 por esta fundación:

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento da fundación

Convenio

19.5.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para levar a cabo o acondicionamento dos espazos da Amtega no edificio do Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia.

23.6.2022

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral (artigo 25 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado) entre Viaqua Gestión integral de Augas de Galicia, S.A.U. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

12.5.2022

0,00 €

Acordo de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais para a exhibición na Cidade da Cultura de Galicia da peza artística baseada no audiovisual e na realidade virtual denominada Carne y Arena.

4.8.2022

0,00 €

Convenio de colaboración entre la Fundació Privada Banc Sabadell y la Fundación Cidade da Cultura de Galicia con motivo do XII Encontro de artistas novos.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia