Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican resolucións ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2022/00060 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas cuxos datos se mencionan no anexo as resolucións ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212A), porque non foi posible a notificación persoal ás persoas interesadas.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, así como os seus respectivos expedientes, se encontran á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións notificadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 14 de setembro de 2022

Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIE/Pasaporte

Acto notificado

LU-2022/00060

34265028L

X8580403T

Resolución de desistencia e arquivamento

LU-2022/00123

BR6DK7KD1

142364130

Resolución de desistencia e arquivamento