Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da resolución do proxecto de ordenación, con código PO-00020441V(1.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Bustelo de Fisteus, concello de Quiroga, provincia de Lugo, en cumprimento do artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Antecedentes.

Primeiro. O 23.6.2021 tivo entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación o expediente exposto con anterioridade. Segundo o procedemento estipulado na Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, o promotor solicitou o inicio da tramitación de impacto ambiental do referido proxecto.

O 12.5.2022, o órgano ambiental resolveu formular a declaración de impacto ambiental favorable.

Segundo. O 6.7.2022, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución do citado proxecto de ordenación, con código PO-00020441V(1.1), segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Terceiro. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente un extracto do contido da dita decisión para a súa publicación.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicaron a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución citada no antecedente primeiro, de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00020441V(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Bustelo de Fisteus, concello de Quiroga, provincia de Lugo.

Esta resolución poderase consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal 

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2022

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal