Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51752

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 23 de setembro de 2022 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 14 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C).

BDNS (Identif.): 616517.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes establecido no resolvo segundo da Resolución do 14 de marzo de 2022, nos seguintes termos:

«Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009).

b) O 31 de outubro de 2022».

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director do Instituto Galego de Promoción Económica