Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51747

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2022, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2022

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data de sinatura

Acordo entre o Consello da Cultura Galega e Jesús Faílde Oro.

Sen achega económica

12.7.2022

Convenio de colaboración educativa entre a USC e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de Grao de Filoloxía Galega.

Sen achega económica

12.7.2022

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a USC para a elaboración do proxecto Publicística e propaganda política en Galicia desde a Transición democrática ata o ano 2000. Ordenación, catalogación e comunicación pública do Fondo Miguel Gutiérrez.

69.600 €

8.8.2022

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

Sen achega económica

8.9.2022