Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de varias árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de varias árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2022/2108849.

Data: 23.8.2022.

Solicitante: Concello de Triacastela.

Especie: Juglans regia L.

Localidade: Triacastela.

Concello: Triacastela.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2022/2217165.

Data: 7.9.2022.

Solicitante: Asociación de Veciños Piñeiro Manso.

Especie: Pinus pinea L.

Localidade: Celeiros.

Concello: Ponteareas.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2022/2242122.

Data: 12.9.2022.

Solicitante: Concello de Mondariz Balneario.

Especie: Cryptomeria japonica; (Thunb. ex L.f.) D. Don.

Localidade: Mondariz Balneario.

Concello: Mondariz Balneario.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2022/2242389.

Data: 12.9.2022.

Solicitante: Concello de Mondariz Balneario.

Especie: Cupressus lusitanica, Mill.

Localidade: Mondariz Balneario.

Concello: Mondariz Balneario.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2022/2242237.

Data: 12.9.2022.

Solicitante: Concello de Mondariz Balneario.

Especie: Cryptomeria japonica, D. Don, Elegans (Henk&Hochst.) Mast.

Localidade: Mondariz Balneario.

Concello: Mondariz Balneario.

Provincia: Pontevedra.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e da documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, pondo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rolda da Muralla 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, avda. Victoria Moreno 43-4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural