Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 15 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021651AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021651AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia da resolución da Sentenza nº 183/2021, do Tribunal Constitucional, pola que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícase aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.

Ourense, 15 de setembro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de

expediente

DNI/NIE da

persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021651AE-OU

34960127N

Camiño do Monte, núm. 21, 32002 Ourense

2021656AE-OU

52459644W

San Victorio, núm. 26, 27329 Quiroga (Lugo)

2021657AE-OU

76696833K

A Peroxa, núm. 4, 32150 Ourense

2021663AE-OU

76727427W

Avda. de Portugal, núm. 124-2º C, 32600 Verín (Ourense)

2021699AE-OU

44475613F

Aldea de Abaixo, núm. 27, Carballeira-San Cibrao das Viñas, 32901 Ourense