Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 6 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/200-1).

Logo de ser outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA, DC, SMC716//SMC722, substitución dos apoios D12 e D14, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/200-1), por resolución desta xefatura territorial, do 3 de agosto de 2022, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 10 de novembro de 2022 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Oleiros, deducida da que se someteu á información pública no DOG do 1 de abril, no BOP do 16 de marzo e no xornal La Voz de Galicia do 25 de marzo de 2022, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles efectuará a notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e o posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do devandito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 6 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña