Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico A Costa, nos concellos de Mazaricos, Outes e Muros (expediente IN408A 2019/051).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Wind Premier A Costa, S.L.U., CIF B70590526.

Domicilio social: praza de María Pita, 10-1º, 15001 A Coruña.

Enderezo das notificacións: praza de María Pita, 10-1º, 15001 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico A Costa (IN408A 2019/051).

Concellos afectados: Mazaricos, Outes e Muros (A Coruña).

Potencia máxima do parque: 9 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 2 × 4,5 MW.

Produción neta: 36.271 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 8.379.122,39 €.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico A Costa

ADE

Norte: pedregal, noreste: pedregal

Parque eólico A Costa

Vértice poligonal

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

501.054

4.746.256

2

502.649

4.745.919

3

502.649

4.745.128

4

501.438

4.744.524

5

499.418

4.744.014

6

498.680

4.744.591

7

498.875

4.744.785

8

499.538

4.745.819

Aeroxerador

Parque eólico A Costa

UTM ETRS 89 fuso 29

Concello

UTM-X

UTM-Y

AE-01

499.394

4.744.583

Mazaricos

AE-02

498.995

4.744.599

Mazaricos

Centro de

seccionamento

e control

Parque eólico A Costa

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

Centro

499.256

4.744.892

Envolvente

499.256

4.744.912

499.271

4.744.905

499.257

4.744.872

499.241

4.744.879

Subestación

Parque eólico A Costa

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

Centro

502.399

4.745.173

Envolvente

502.378

4.745.187

502.421

4.745.183

502.419

4.745.160

502.376

4.745.164

Pórtico

502.384

4.745.175

Características técnicas das instalacións:

– Dous aeroxeradores modelo SG145 4,5 do fabricante Siemens-Gamesa ou similar, de 4,5 MW de potencia unitaria. Os aeroxeradores son de velocidade variable e paso variable, teñen unha altura de buxa de 90 m e un diámetro de rotor de 145 m.

– Dous centros de transformación, un no interior de cada aeroxerador, en góndola de potencia unitaria 5.000 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas de seccionamento, protección e manobra.

– Rede eléctrica subterránea de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque de 30/132 kV, composta por 2 circuítos con condutores tipo RHZ1 OL 18/30 kV de seccións 240 mm2 de aluminio, desde o aeroxerador 1 de lonxitude 548 m, desde o aeroxerador 2 de lonxitude 546 m, ata o centro de control. Un circuíto de evacuación desde o centro de seccionamento e control de 30 kV con condutor tipo RHZ1 18/30 kV de 240 mm2, de lonxitude 4.980 m, en sistema trifásico, ata a subestación eléctrica do parque eólico.

– Rede de terras xeral, de modo que as instalacións electromecánicas e a subestación do parque eólico formen un conxunto equipotencial. O sistema de terras do parque eólico será condutor de cobre espido de 50 mm2 enterrado nunha gabia.

– Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

– A enerxía do parque eólico ingresarase á rede eléctrica nacional a través dunha subestación de enerxía de 30/132 kV cun transformador de potencia 25/30 MVA ONAN/ONAF.

A subestación obxecto do proxecto estará composta por:

 Un sistema de alta tensión de 132 kV de intemperie en configuración de simple barra, cunha posición de liña e unha posición de transformador de potencia.

 Un sistema de 30 kV situado en celas de interior en configuración de simple barra con tres posicións de liña, unha posición de transformador, unha posición de servizos auxiliares, dúas posicións de medida de barras, acoplamento e remonte de barras. A aparellaxe deste sistema estará disposta en celas blindadas con illamento en SF6.

 Un transformador instalado en intemperie con potencia de 25/30 MVA ONAN/ONAF.

– Un van destensado de conexión da subestación da Costa co primeiro apoio da liña aérea de alta tensión 132 kV Maragouto-Banzas (que forma parte da solución de evacuación conxunta Maragouto-Banzas), de lonxitude 34,26 m de 450 mm2 de aluminio.

– A evacuación da enerxía xerada no parque eólico A Costa realizarase de forma conxunta coa enerxía xerada polo parque eólico Vaqueira, obxecto de proxecto independente. A subestación do parque A Costa permite a transformación da enerxía, desde esta evacúase mediante a denominada solución de evacuación Maragouto-Banzas (IN408A 2020/144, en tramitación) que evacuará a enerxía na SET Lousame 220 kV da rede eléctrica de España (REE).

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA).

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xullo 2022-visado 28.7.2022).

2. O plano xeral das instalacións do proxecto.

3. O estudo de impacto ambiental (EIA) (decembro 2021-asinado 15.12.2021).

4. O proxecto de interese autonómico (PIA) (xullo 2022-visado 28.7.2022).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Mazaricos, Outes e Muros (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 1 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña