Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51626

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) no segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución, tendo en conta que os convenios de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística entran en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Obxecto do convenio

Importe económico

Data sinatura

Entrada vigor

Convenio adhesión APLU-Concello de Valdoviño

Concello Valdoviño: 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal en exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

10.5.2022

8.9.2022

Convenio adhesión APLU-Concello de Toén

Concello Toén: 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal en exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

10.5.2022

25.5.2022

Convenio adhesión APLU-Concello de Leiro

Concello Leiro: 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal en exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

12.7.2022

26.7.2022