Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 14 de setembro de 2022 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de San Cibrao das Viñas (expediente SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0222 e un máis).

O Concello de San Cibrao das Viñas ditou resolución do expediente sancionador SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0222 e un máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación da resolución ditada no procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas, situadas na praza da Constitución, 1, San Cibrao das Viñas (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, as notificacións se entenderán producidas, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas só cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que as persoas demandantes teñan o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se encontren dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

Silvia Seoane García
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0222

76719502N

Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección, ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación.

Artigo 41 bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis, da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros

SCOVID/SANCIBRAODASVIÑAS/0223

44463518X

Incumprimento da obrigación de uso de máscaras ou doutros medios de protección, ou o uso inadecuado dunhas ou doutros, nos termos establecidos pola normativa sanitaria ou polas medidas de prevención, ordes, resolucións ou actos aprobados, por razóns de protección da saúde pública, polas autoridades sanitarias competentes, se as repercusións producidas tiveron unha incidencia escasa ou sen transcendencia directa na saúde da poboación.

Artigo 41 bis.a) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigo 44.bis, da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

100 euros