Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51111

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

Advertida a omisión do anexo VII na devandita orde publicada no DOG número 169, do 6 de setembro de 2022, debe facerse a oportuna corrección, incorporando o anexo co seguinte contido:

«ANEXO VII

Características para o desenvolvemento de marketplace

1. Características xerais do marketplace.

1. Desenvolvemento propio de marketplace en propiedade con programación á medida ou cun software de xestor especializado en marketplace ou con soporte multitenda nativo, non baseado en plugins.

2. O deseño deberá adaptarse a múltiples dispositivos, resolucións e pantallas e permitir unha visualización correcta desde todos eles.

3. O peso das imaxes debe ser inferior a 350 KB e a resolución máxima será de 72 dpi.

4. As páxinas deberán contar con optimización para SEO e incluirán especificamente:

a) Configuración das metaetiquetas de título e descrición segundo as boas prácticas establecidas polos buscadores.

b) Arquivo robots.txt optimizado e mapa do sitio sitemap.xml

c) Que non existan ligazóns rotas ou erros 404 ou 500.

d) No caso dunha web multiidioma, contará coas etiquetas canonical correspondentes.

e) As imaxes deberán ter o atributo descritivo Alt.

f) Non poderá existir contido duplicado.

5. Dispor dun carro da compra no cal poder realizala.

6. Incorporar unha pasarela de pagamentos para finalizar as compras de xeito completamente en liña.

7. Os prezos e a información sobre envíos teñen que ser correctamente configurados e indicados de acordo co contrato que teña a/o propietaria/o do marketplace coa/s empresa/s de servizo de mensaxaría.

8. Que exista unha páxina específica para a/o comerciante dentro do marketplace.

9. Que estea visible para a/o compradora/o final a información de contacto da/do vendedora/o para poder executar os seus dereitos de consumo e protección de datos, engadidos os enlaces a redes sociais, a páxina web (se dispón dela) e a lista de produtos ofertados por esa/e vendedora/o.

10. As/os comerciantes deberán dispor dun panel de control desde o que xestionar as súas vendas e obter información e estatísticas das vendas realizadas.

2. Características das fichas de produto.

Facilitarálles un titorial ás/aos comerciantes para que poidan crear eles mesmos as fichas de produto e que estas cumpran cos seguintes requisitos:

• O peso das imaxes debe ser inferior a 350 KB e a resolución máxima será de 72 dpi.

• Descrición dos produtos de polo menos 300 palabras.

• Mínimo de 2 imaxes por produto, agás para aqueles que pola súa natureza non procedan das imaxes, como o caso de produtos dixitais ou cursos.

• Estar organizados por categorías e etiquetas.

3. Características do aloxamento.

a) A/o propietaria/o do marketplace debe dispor de acceso ao aloxamento no hosting ou servidor no cal estea situada/o.

b) Aloxamento web dentro da Unión Europea.

c) Aloxamento web que permita unha velocidade de carga acorde cos requisitos actuais de Google.

d) Contar con certificado seguro SSL para o marketplace (https).

4. Condicións legais.

• Cumprir con toda a lexislación vixente xeral e en materia de consumo.

• Engadir a información legal en materia de consumo accesible, completa e doada de atopar (prezos, envíos, devolucións, reclamacións, etc.).

• Os prezos deben estar indicados segundo a unidade de medida (prezo por kg, prezo por litro...) e debe especificarse se os impostos están engadidos ou non.

• Dispor dunha páxina co aviso legal, a identificación da/do responsable da explotación do marketplace e conforme a lexislación vixente.

• As cookies cuxa instalación automática non está permitida por lei non poderán instalarse sen o permiso expreso da/do usuaria/o da web.

• Dispor dunha páxina coa información de privacidade segundo a lexislación vixente.

• Incorporar calquera outra páxina con información legal que sexa necesaria para cumprir coa lexislación vixente no momento da creación do marketplace».