Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CÉDULA do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2022/0035-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícase á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte día ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, previa cita no teléfono 986 81 70 11.

Expediente: RL 2022/0035-4.

Acta: I362021000077809.

Empresa: Servial M.C. Logística, S.L.

Enderezo: Aldea Regenjo, 7; Mos.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigo 5.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social; artigo 12 do Convenio colectivo e artigos 4.2.f) e 29 do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 7.10, 39 e 39.6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18.8.2022.

Resolución: declarar a caducidade da acta de infracción núm. I362021000077809, sen prexuízo de que se a infracción non prescribiu, a Inspección de Traballo e Seguridade Social poida estender unha nova acta polos mesmos feitos.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o siguiente día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 13 de setembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra