Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2022 Páx. 49543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2022/200-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Servizo Galego de Saúde (Sergas) Q6550006H-Consellería de Sanidade.

Domicilio social: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: proxecto técnico de centro de seccionamento en edificio prefabricado para subministración normal (4.000 kW) e subministración de socorro (2.000 kW). Liña soterrada de media tensión 15 kV para subministración normal e liña soterrada de media tensión 15 kV para subministración de socorro. Expediente UFD: 218218050096 (subministración normal). Expediente UFD: 218218050097 (subministración de socorro). Fase I Complejo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Situación: avenida da Residencia, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña).

Características técnicas:

– Liña de alta tensión soterrada de 15 kV para subministración normal, con inicio e fin na arqueta proxectada na liña de distribución SMR729 entre os centros 15CJJSV e 15CQA2, logo de entrar e saír no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV, 240 mm² Al, lonxitude 33 m.

– Liña de alta tensión soterrada de 15 kV para subministración de socorro, con inicio e fin na arqueta proxectada na liña de distribución existente SMR730 entre o centro 15CXL6 e o apoio AOI0TSJH/D21 logo de entrar e saír no centro de seccionamento proxectado, condutor RHZ1 2OL 12/20 kV, 240 mm² Al, lonxitude 152 m.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado de formigón, con dúas celas compactas SF6, unha para a subministración normal e outra para a de socorro. A cela está composta por tres celas de liña con interruptor-seccionador e telecontrol GPRS de dúas posicións e unha cela de SSAA (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112,115,121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña