Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49418

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 19 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico A Estivada, situado nos concellos do Irixo e Boborás, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/23).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

• Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.; CIF: B 84160423.

• Denominación do proxecto: parque eólico A Estivada.

• Concellos afectados: O Irixo e Boborás (Ourense).

• Potencia que se vai instalar: 40 MW.

• Número de aeroxeradores: 10×3,636 MW de potencia nominal unitaria e 1×3,640 MW de potencia nominal unitaria.

• Produción media anual estimada: 108.816 Mwh/ano.

• Subestación: SET A Estivada 30/132 kV.

• Prazo de execución: 10 meses.

• Orzamento de execución material: 40.972.656,95 €.

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89)

As coordenadas que definen a poligonal do parque eólico son:

Vértice

X

Y

a

563.836,00

4.706.899,00

b

563.898,00

4.706.924,00

c

563.943,00

4.706.936,00

d

563.973,00

4.706.934,00

e

564.056,00

4.706.893,00

f

564.091,00

4.706.881,00

g

564.118,00

4.706.879,00

h

564.155,00

4.706.887,00

i

564.180,00

4.706.899,00

j

564.215,00

4.706.927,00

k

564.263,00

4.706.976,00

l

564.316,00

4.706.970,00

m

564.355,00

4.706.977,00

n

564.417,00

4.706.964,00

o

564.517,00

4.706.923,00

p

564.634,00

4.706.885,00

q

564.688,00

4.706.887,00

r

564.950,00

4.706.868,00

s

565.030,00

4.706.875,00

t

565.091,00

4.706.879,00

u

565.075,00

4.707.025,00

v

565.580,00

4.707.025,00

w

567.200,00

4.705.365,00

x

567.420,00

4.704.700,00

y

569.000,00

4.701.900,00

z

566.240,00

4.701.900,00

aa

564.600,00

4.703.900,00

bb

564.600,00

4.705.000,00

A área que define a poligonal anterior ten unha superficie de 1.391,85 ha.

As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para a subestación receptora do parque SET A Estivada son:

X

Y

ES-01

565.164,00

4.706.684,00

ES-02

565.472,00

4.706.182,00

ES-03

565.721,00

4.705.882,00

ES-04

565.981,00

4.705.600,00

ES-05

566.366,00

4.705.319,00

ES-06

566.655,00

4.705.088,00

ES-07

565.699,00

4.703.738,00

ES-08

566.112,00

4.703.537,00

ES-09

566.380,00

4.703.250,00

ES-10

566.577,00

4.702.678,00

ES-11

566.646,00

4.702.401,00

SET

565.555,00

4.704.560,00

As coordenadas previstas en proxecto para a torre metereolóxica:

X

Y

TM

565.498,00

4.706.788,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 11 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG 155, ou similar, de potencia unitaria 3,636 MW, salvo o ES-11 que posúe 3,640 MW, cunha altura de buxa de 122,5 m, diámetro de rotor de 155 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia nacelle dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 4.000 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión en serie entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque eólico, composta por dous circuítos con condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV Al +H16 de sección variable segundo o tramo, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores ES-01 a ES-06 coa SET e o circuíto 2 para os ES-07 a ES-11 coa SET.

– Subestación SET A Estivada 30/132kV composta por:

• En 30 kV celas de interior con dúas posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores; unha posición de transformador, con transformador de SS.AA. De 50 kVA 30/0,42-0,242 kV; unha posición de batería de condensadores e unha posición de transformador de potencia. Todo co equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección.

• Parque a nivel de 132 kV en intemperie de tecnoloxía convencional con dúas posicións de liña aérea de saída a SET Valdepereira e SET Paraño cos equipos necesarios de protección e medida, un módulo de embarrado con medida de tensión; unha posición de transformador e transformador de 55 MVA ONAN con relación de transformación 30/132 kV e regulación en carga 132±10x1,5 % kV.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (visado o 11 de agosto de 2022).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 8 de agosto de 2022).

3. O proxecto de interese autonómico (visado o 11 de agosto de 2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, nos concellos afectados, e na seguinte ligazón web da Consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 19 de agosto de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense