Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49378

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se realiza a segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (código de procedemento MR553C).

Advertido un erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 157, do 19 de agosto de 2022, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 44512, no artigo 2 (Bases reguladoras), onde di:

«As bases reguladoras desta convocatoria son as que se recollen na Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2022 (DOG núm. 10, do 17.1.2022), e na Orde do 4 de agosto de 2022 pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2022 para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades (código de procedemento MR553C)».

Debe dicir:

«As bases reguladoras desta convocatoria son as que se recollen na Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2022 (DOG núm. 10, do 17.1.2022)».