Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2022/140-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMT PRS806 en apoio BI6J93DJ//93-4.

Situación: concello de Nogueira de Ramuín.

Características principais recollidas no proxecto:

– Reforma da LMTA PRS806, a 20 kV, coa substitución dos apoios de formigón, números 93-4 e 93-5, por apoios tipo celosía de tipo C-1000-16 (T35/180), e cambio do elemento de manobra XS 32H894 do apoio número 93, que se encontra en situación antirregulamentaria, ao 93-4, e do condutor actual na zona afectada por novo condutor LA-56, treito de 222 m.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado número 482 do COITIOU, o 10 de xuño de 2022.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderá ser examinada nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, número 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 26 de agosto de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2022/140-3.

Situación: concello de Nogueira de Ramuín.

Denominación: regulamentación LMT PRS806 en apoio BI6J93DJ//93-4.

Predio número en proxecto: 1.

Lugar: Gulfar.

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio 93-4, superficie de ocupación de 2 m2.

Predio número en proxecto: 2.

Lugar: Gulfar.

Cultivo: monte alto.

Titular: descoñecido.

Afeccións: apoio 93-5, superficie de ocupación de 2 m2.