Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de notificación do acordo de incoación de expedientes de xestión da biomasa.

Ao abeiro do artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tendo en conta que non se puido determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa nas parcelas que a continuación se especifican, efectúase a publicación de conformidade coa dita norma.

De conformidade co establecido nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación dos seguintes acordos ao ter resultado imposible a súa notificación.

Referencia catastral parcelas

36028A208202780000XZ

36028A208002820000XY

Mediante esta publicación concedéselles aos titulares das ditas parcelas un prazo de quince (15) días, desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no DOG, para procederen á xestión da biomasa das parcelas, sen prexuízo de que se promova a investigación da titularidade dos ditos inmobles con base na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, coa aplicación das consecuencias derivadas da tramitación de dito procedemento.

Contra este acordo, que resulta ser un acto de trámite que non decide sobre o fondo do asunto, non cabe a interposición de ningún recurso e os titulares das parcelas que figuran nesta publicación, e que así o acrediten, poderán recoller copia da resolución nas dependencias municipais e formular as alegacións que xulguen oportunas e propoñer proba no caso de que o consideren necesario.

O que notifico mediante publicación no DOG en cumprimento do disposto nos artigos 40 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, así como no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Meis, 8 de agosto de 2022

Marta Giráldez Barral
Alcaldesa