Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2022 Páx. 49104

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) establece que cada consellería ou entidade, deberá publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos por Augas de Galicia durante o segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2022

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos por Augas de Galicia
durante o segundo cuadrimestre do ano 2022

Convenios

Obxecto

Importe total
do convenio

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Tomiño para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Tomiño

Establecer as condicións en que a entidade pública empresarial Augas de Galicia continuará a asumir a xestión e explotación da estación depuradora de augas residuais de Tomiño de titularidade do Concello de Tomiño

Sen custo económico

18.5.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ortigueira para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Ortigueira

Prorrogar a vixencia do convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Ortigueira para a explotación da EDAR de Ortigueira ata o 30.5.2024

Sen custo económico

19.5.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Alfoz e O Valadouro para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Alfoz-Valadouro

Prorrogar a vixencia do convenio de colaboración entre Augas de Galicia e os concellos de Alfoz e O Valadouro para a explotación da EDAR de Alfoz-Valadouro ata o 30.5.2024

Sen custo económico

20.5.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Gondomar para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Gondomar

Prorrogar a vixencia do convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Gondomar para a explotación da EDAR de Gondomar ata o 30.5.2024

Sen custo económico

30.5.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade de Vigo para a análise piloto do efecto da presión agroforestal sobre o ecosistema Ribeira-Río, no marco do Proxecto Innovaugas 4.0, cofinanciado nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020

O establecemento das condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización dunha análise piloto do efecto da presión agroforestal sobre o ecosistema Ribeira-Río na demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

121.000,00 €

2.6.2022

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o Concello de Coristanco para o financiamento das actuacións na estación de tratamento de auga potable no Concello de Coristanco

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Coristanco que permitan ao Concello asumir as obrigas económicas que se derivan da execución de actuacións na estación de tratamento de auga potable no Concello de Coristanco

766.084,81 €

3.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vilaboa para a explotación da estación depuradora de augas residuais de Vilaboa

Prorrogar a vixencia do convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Vilaboa para a explotación da EDAR de Vilaboa ata o 9.8.2024

Sen custo económico

5.6.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Pantón para a execución da actuación de abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo de Mato, financiado ao 100 % a parte elixible pola Unión Europea no marco do Eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Pantón que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no abastecemento de auga potable ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato (Pantón), a súa posta en servizo, a súa explotación e a súa conservación e mantemento

650.000,00 €

6.6.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos)

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e Adega para o desenvolvemento das actividades e actuacións planificadas para o ano 2022 no marco do Proxecto Ríos

50.000,00 €

10.6.2022

Convenio de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña

Establecer as condicións básicas que rexerán a colaboración entre Augas de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra e os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, co fin de dar cumprimento ao establecido na cláusula 4ª epígrafe g) do parágrafo segundo do prego de bases a que se suxeita a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas de Reis

392.535,78 €

10.6.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Avión para a conexión das redes de saneamento do Sifón e San Vicente co colector xeral de Avión. Concello de Avión (Ourense), susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do Eixo REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19

Ampliar o importe do convenio en 15.661,62 € e, consecuentemente, reaxustar a distribución das anualidades do convenio

200.661,62 €

13.6.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baltar para a execución de obras hidráulicas de mellora no Concello de Baltar

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Baltar que permitan ao concello acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora das instalacións de abastecemento de Baltar e na mellora da rede de saneamento de Baltar

87.921,06 €

21.6.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para a análise piloto de ARPSI pluviais e do efecto do cambio climático nos novos ciclos de desenvolvemento da Directiva europea de Inundacions, no marco do Proxecto Innovaugas 4.0, cofinanciado nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) para o desenvolvemento de metodoloxías para a análise de Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPSI) pluviais e do efecto do cambio climático en ARPSI fluviais, e a súa aplicación piloto en diversos núcleos do sistema de explotación 1 da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

135.000,00 €

21.6.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Riotorto para a execución da obra M.22011-Rede de saneamento do lugar de Galegos. Fase II. Riotorto (Lugo)

Establecer as condicións básicas para a colaboración entre Augas de Galicia e o Concello que permitan ao Concello executar a obra M.22011-Rede de saneamento do lugar de Galegos. Fase II. Riotorto (Lugo)

49.839,83 €

26.7.2022

Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a investigación e avance no modelo de circularidade do ciclo integral da auga en Galicia, no marco do Proxecto Innovaugas 4.0, cofinanciado nun 80 % do gasto elixible pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Plurirrexional de España 2014-2020

Establecer as condicións que rexerán a cooperación entre Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a investigación e avance no modelo de circularidade no ciclo integral da auga en Galicia

338.316,00 €

27.7.2022