Esta Administración puido constatar o incumprimento do artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas seguintes:
27025A046003160000JK.
27025A046000700000JI.
27025A046000550000JL.
27025A046000680000JJ.
27025A046000710001KK.
27025A046000600000JF.
27025A046000610000JM.
27025A059001820000JD.
Logo de ser a notificación infrutuosa, comunico que as persoas responsables dispoñen dun prazo voluntario de quince (15) días naturais para xestionar a biomasa nas parcelas referidas.
Transcorrido o devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos da xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Advírtese de que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supor a repercusión dos gastos de extinción dos incendios.
Xove, 25 de agosto de 2022
José Demetrio Salgueiro Rapa
Alcalde