Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 206/2022).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación por causas non imputables a esta administración, e de acordo co establecido no punto 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A005009080001HM (parcialmente), que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha Faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral

36025A005009080001HM (parcialmente)

Localización

Lg. Brexiña-A Lama

Superficie parcela

5.019,30 m2 = 0,5019 ha

Superficie afectada

3.863,20 m2 = 0,3863 ha

Rede de defensa contra incendios

Rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Neste caso, cómpre sinalar que unicamente se denuncia parcialmente a parcela con referencia catastral 36025A005009080001HM, atopándose aproximadamente 2.391 m2 afectados por esta denuncia.

Segundo. Posto que non constan no concello datos recentes sobre a titularidade do dereito de aproveitamento dos terreos denunciados, procedese a considerar responsables as persoas que figuren como titulares no Catastro Inmobiliario.

Deste xeito, a persoa responsable da xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas é Jesús Fernández García (o propio denunciante), segundo o descrito na Dirección Xeral do Catastro.

Cómpre sinalar que o denunciante indica no escrito presentado que existe un erro catastral e que a parte da parcela con referencia catastral 36025A005009080001HM que el denuncia (sinalada nunha foto aérea achegada coa solicitude) non é da súa propiedade e que descoñece quen é o propietario.

Polo tanto, ao tratarse dun persoa responsable descoñecida, procederase ao descrito na alínea c) do punto oito da instrución, polo que a notificación practicarase directamente mediante a publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, así como no taboleiro de anuncios do concello segundo o indicado no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Terceiro. De acordo co informe técnico municipal, emitido o 12.8.2022, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión de biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrey

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia Negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/Freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4 m

 Cumpre

 Non cumpre

Permitido:

Clareo: formando masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si

Poda:

– Árbores <11,4 m de altura: poda ata 1/3 altura.

– Árbores >11,4 m de altura: poda mínima 4 m

 Cumpre

 Non cumpre

Vexetación seca

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

 Cumpre

 Non cumpre

A parte da parcela denunciada conta con estrato arbóreo (incluído na disposición adicional 3ª: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación na parte denunciada da parcela (2.391,00 m2).

Cuarto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados dende o día seguinte á recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que se proceda, polo responsable, á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Transcorrido o dito prazo, que por parte dos servizos técnicos municipais se realice visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sexto. Apercibir ao responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, de que se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido ao efecto, o concello procederá, sen máis trámites, á súa execución subsidiaria.

Lembrar ao responsable a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sétimo. Determinar que, segundo valoración técnica, a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

ha

Roza matogueira c/ motorrozadora, ø=3-6 cm, pte<30 %

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 %, e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un

1.783,54 €

0,2391

426,44 €

Apeo árbores ø >20-<=30 cm

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha

0,75 €

40

30,00 €

m3

Tronzado de fustes de ø >20-<=30 cm

Tronzado mediante motosierra, de árbores de diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, en trozas de 2,2 m

2,66 €

62,8

167,05 €

ha

Recollida e empillado residuos, dens<10 t/ha, pte<30 %

Recollida e empillado de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas

e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %

274,01 €

0,2391

65,52 €

ha

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

Queima controlada de residuos forestais empillados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m, e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

190,47 €

0,2391

45,54 €

Total actuación

734,55 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe ao que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Oitavo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da talla das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Noveno. Notificar esta resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formulará comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, en que se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e concederáselle para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.

Recursos procedentes: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa o indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición, que poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpoñer o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente dáselle un prazo de dez días para que se presente nas dependencias deste concello e examine o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

A Lama, 19 de agosto de 2022

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente