Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48689

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS618D (expediente 15030017121E e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda da solicitude ditados nos procedementos no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes, e advírteselles que, de non o faceren, se terá por practicada a notificación ao vencer o prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen realizar a emenda, se terán por desistidas das súas solicitudes logo de ditar a correspondente resolución, atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 1 de agosto de 2022

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 124/2022, do 23 de xuño)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS618D:

Nº de expediente

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

15030017121E

X4119811M

Requirimento de emenda da solicitude

27.6.2022

15030011422E

Y9349630Y

Requirimento de emenda da solicitude

1.7.2022

15017001622E

Y7851142Z

Requirimento de emenda da solicitude

4.7.2022

15078016621E

X0810969N

Requirimento de emenda da solicitude

4.7.2022

15031000722E

48111140Q

Requirimento de emenda da solicitude

7.7.2022