Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2022 Páx. 48357

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Sada (taxa de solo).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 27 de maio de 2022, adoptou o seguinte acordo:

«24. Aprobación da aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Sada (taxa de solo).

1. Aceptar a delegación de competencias acordada polo Concello de Sada en relación coa seguinte materia:

Xestión, inspección e recadación voluntaria e executiva da taxa pola utilización privativa ou aproveitamentos especiais constituídos no solo, subsolo e voo das vías públicas, a favor de empresas explotadoras de servizos de subministracións de interese xeral. A delegación afectará tanto o suposto xeral do artigo 24 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, baseado no 1,5 % dos ingresos brutos obtidos no termo municipal, como o suposto especial da telefonía móbil.

2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 2 de xuño de 2022

O presidente da Deputación
Provincial da Coruña
P.D. (Resolución 26013/2019, do 29 de xullo)
Antonio Leira Piñeiro
Deputado delegado de Persoal

Amparo Taboada Gil
Secretaria xeral da Deputación
Provincial da Coruña