Expediente: IN407A 2022/084-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: ampliación de potencia CT Tras da Costa (15XK46).
Concello: Muros.
Feitos:
1. O 18 de marzo de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación eléctrica, co fin de ampliar a potencia do centro de transformación tipo intemperie denominado Tras da Costa (15 XK46-IN407A2016/1375-1-RALI), sito no lugar Tras da Costa, no concello de Muros, debido á carga que actualmente soporta. Proxéctase a instalación dun novo transformador de 100 kVA en substitución do de 50 kVA existente.
Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:
Proxecto de execución denominado ampliación de potencia CT Tras da Costa (15XK46), asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 14 de febreiro de 2022.
Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número de colexiado 15.670 de Madrid, o 6 de xuño de 2022.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro). En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.
3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Muros. Non consta no expediente, no día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado nin á reiteración.
4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.
2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguido se relaciona:
A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As instalacións encóntranse no lugar de Tras da Costa, no concello de Muros, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Aumento de potencia do CTI existente Tras da Costa (15 XK46-IN407A2016/1375-1-RALI) alimentado pola LMT MUO-806 procedente da SET Muros, substitución do transformador existente de 50 kVA por un novo transformador de 100 kVA, con relación de transformación 20.000/400 V, para instalar en apoio existente 9I03RV84//44-22 CT tipo HV-1000-11. Substitución de toda a aparellaxe MT.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:
I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 1 de agosto de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña