Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2022 Páx. 47734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Moeche (expediente IN407A 2022/053-1).

Expediente: IN407A 2022/053-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LMT CDR805 apoio B2H3O9FL//131-11.

Concello: Moeche.

Feitos:

1. O 17 de febreiro de 2022 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación eléctrica, co fin de adecuación regulamentaria dun tramo da liña de distribución en media tensión aérea CDR805 (expediente 276/01), no lugar de Trieiro, parroquia de Abade, concello de Moeche. Proxéctase a elevación do dito tramo ao paso por un predio, substituíndo un apoio existente por un máis alto e un novo condutor máis longo.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado Regulamentación LMT CDR805 apoio B2H3O9FL//131-11-1, asinado por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 4684 de Vigo, o 17 de marzo de 2021.

• Contestación a requirimento, asinado por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 4684 de Vigo, o 2 de maio de 2022.

• Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial número de colexiado 15.670 de Madrid, o 1 de xuño de 2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro). En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante achegou declaración responsable en que fai constar que dispón de acordos previos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Moeche. Non consta no expediente, no día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado nin á reiteración.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións están no lugar de Trieiro, parroquia de Abade, no concello de Moeche, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTA: substitución de apoio de formigón de tipo HVH-1600-15 con matrícula B2H3O9FL//131-11-1, instalarase un apoio de tipo C-3000-20 na mesma localización, para elevar o condutor do van posterior e aumentar a distancia vertical do cruzamento entre o condutor e o terreo. Substitución do condutor de LMTA, a 20 kV, cunha lonxitude de 172 m, coa orixe no apoio proxectado tipo C-3000-20 na LMT CDR805 (expediente 276/01) que substitúe o de matrícula B2H3O9FL//131-11-1, condutor tipo LA-56 mm2 Al, que substitúe na mesma localización o apoio existente B2H3O9FL//131-11-1, e final en apoio existente B2GD0MU0//131-11-2, tipo HVH-1600-13 da LMT CDR805.

– LMTS: como no apoio que se vai substituír hai un PA/S, tamén hai que realizar unha LMTS, a 20 kV, cunha lonxitude de 22 m (incluído o PA/S), coa orixe en empalmes proxectados na LMT CDR805, condutor tipo RHZ1-2OL 2/20 kV 3(1×240) mm2 Al, e final no PA/S proxectado en apoio tipo C-3000-20.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeriro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña