Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47614

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da orde de execución da xestión da biomasa vexetal nas rúas Bouza Nova, Coviña e Manuel Fernández.

De acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común (LPAC), as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Ao non ser posible a notificación do acto que se indica a seguir, publícase o presente anuncio.

Infórmase que o texto integro se atopa á disposición das persoas interesadas, xunto co resto da documentación do expediente, na Xerencia de Urbanismo, situada na casa do concello, na praza Ravella, núm. 1, 4ª planta, Vilagarcía de Arousa, onde poderán examinalo, no prazo de dez días contados, desde o seguinte ao da publicación do presente edicto no BOE.

Expediente: orde de execución MA 7/22 e MA 14/22. Resolución da Alcaldía do 4 de agosto de 2022 pola que se resolve un expediente de orde de execución aos titulares da parcela con referencia catastral 36060A042006580000GP e 36060A04205720000GO, sitas nas rúa Bouza Nova, Coviña e Manuel Fernández, requiríndolles que no prazo máximo de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, procedan ao cumprimento do deber de roza da maleza, de eliminación de eucaliptos, piñeiros e calquera especie arbórea das sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007.

Advertir os interesados de que o seu incumprimento facultará a Administración municipal para proceder á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables trimestralmente, ou ben proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, ao comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, repercutíndoselles o custo en calidade de persoa responsable e sen prexuízo da tramitación do correspondente procedemento sancionador.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, na forma e nas condicións previstas no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa ou, potestativamente, recurso de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Vilagarcía de Arousa, 11 de agosto de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde