Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia (CC.OO.).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia (CC.OO.) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: o ámbito profesional de actuación do S.N. de CC.OO. de Galicia abranguerá:

a) Os traballadores e traballadoras activos, en paro ou na procura do seu primeiro emprego, a mocidade e os/as pensionistas e xubilados e xubiladas.

b) Os traballadores e traballadoras autónomos, sempre que non teñan empregados ao seu cargo para desenvolveren os servizos relacionados coa súa actividade como autónomos.

c) Quen preste o seu servizo baixo o control e a dirección doutra persoa, calquera que sexa a forma xurídica que adopte esta relación laboral

– Asinantes: Amelia Pérez Álvarez e Leila Piñeiro Otero.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais