Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 6 de setembro de 2022 Páx. 47602

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán afiliarse as organizacións empresariais territoriais e sectoriais e, excepcionalmente, as empresas.

– Asinantes: Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa e José Manuel Maceira Blanco.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2022

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais