Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de agosto do 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/200-1).

Expediente-e: IN407A 2021/200-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: regulamentación LMTA DC SMC716//SMC722-substitución dos apoios D12 e D14.

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O día 25.10.2021, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado regulamentación LMTA DC SMC716//SMC722-substitución dos apoios D12 e D14; coa finalidade de realizar obras de regulamentación na liña de dobre circuíto de distribución eléctrica en media tensión, correspondente ás liñas SMC716 (Pontedouro-As Pedreiras) e SMC722 (Lamastelle), no concello de Oleiros, proxéctase a substitución dun tramo de liña de media tensión aéreo, a retirada dun apoio e a substitción de dous apoios, e dúas novas liñas de media tensión soterradas que conectarán os tramos existentes das liñas de distribución soterradas coas aéreas.

2. Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado regulamentación LMTA DC SMC716//SMC722-substitución dos apoios D12 e D14, asinado por Rubén, Fervenza Nicolás, graduado en enxeñería eléctrica, nº de colexiado 4684 de Vigo, o 24.2.2021.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Acordo de información pública: 10 de marzo de 2022.

– DOG: 1 de abril de 2022.

– BOP: 16 de marzo de 2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 25 de marzo de 2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 11 de marzo de 2022

4. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

5. De acordo ao establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

• UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Oleiros, AXI e Servizo de Patrimonio Cultural-A Coruña.

• UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de autorización.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse no concello de Oleiros e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (circuíto 1) a 15 kV, de 31 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio AIGH3AME//D12 para substituír por un de tipo C-20/7000, da LMTA DC SMC716/SMC722, e remate no PAR proxectado á saída do CT Vilanova (15CR34), empalme coa LMTS SMC716 A CT Urb. Finca Carballeira (15CFRP). Instalación de 2 PA/S e autoválvulas en apoio AIGH3AME//D12.

– LMTS (circuíto 2) a 15 kV, de 23 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Vilanova (15CR34) existente e remate no PA/S proxectado en apoio a substituír AIGH3AME//D12.

– LMTA DC a 15 kV, de 34 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio AIG0LJGU//C11 existente da LMTA SMC716-SMC722 e remate no apoio AIGH3AME//D12 a substituír.

– LMTA DC a 15 kV, de 118 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio AIGH3AME//D12 a substituír da LMTA SMC716-SMC722 e remate no apoio AIJ2M3Q4//D14 existente.

– LMTA DC a 15 kV, de 120 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio AIJ2M3Q4//D14 existente da LMTA SMC716-SMC722 e remate no apoio AIL4YPMY//D15 existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescripcións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 3 de agosto do 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña