Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de agosto de 2022 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 8 de xullo de 2014 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/50/2013.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 28 de febreiro de 2022, a resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 8 de xullo de 2014 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/50/2013 polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística; en consecuencia, confírmase a resolución impugnada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos interesados con documento nacional de identidade número 35996850X e 35950260H, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás partes interesadas citadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2022

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística