Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 19 de agosto de 2022, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesada para seren notificadas por comparecencia nos expedientes LU-10/2022, LU-24/2022 e LU-38/2022.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en Lugo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, nº 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 19 de agosto de 2022

A xefa da Área Provincial de Lugo
P.S. (Resolución do 6.6.2022)
Mª Belén da Riva López
Xefa do Servizo Técnico

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

LU-10/2022

33752147S

Resolución de expediente

LU-24/2022

34268760W

Acordo de cambio de instrutor

LU-38/2022

33808886J

Acordo de incoación de expediente