Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021554AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021554AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza número 183/2021 do Tribunal Constitucional polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 19 de agosto de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021554AE-OU

55149348V

Casares, nº 9, 32433 Carballeda de Avia (Ourense)

2021555AE-OU

34962849C

Perfectino Viéitez, nº 12, 3º dta., 32500 O Carballiño (Ourense)

2021557AE-OU

38708861E

Rúa Vázquez Núñez, nº 7, 2º D, 32002 Ourense

2021562AE-OU

21076594S

Gabino Bugallal, nº 25, 3º, 32420 Leiro (Ourense)

2021576AE-OU

10026498Q

Rúa Blanco Amor, nº 23, 32350 A Rúa (Ourense)