Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 31 de agosto de 2022 Páx. 46628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 19 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021206AE-OU e oito máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021206AE-OU e oito máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza número 183/2021 do Tribunal Constitucional polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselle aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 de dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimeento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 19 de agosto de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021206AE-OU

Y1582819L

Rúa Villaescusa, núm. 20, 32002 Barbadás (Ourense)

2021197AE-OU

Y0114294K

Rúa Villaescusa, núm. 20, 32002 Barbadás (Ourense)

2021948AE-OU

50849720D

Quintela Pando, núm. 65, 32557 Viana do Bolo (Ourense)

20211044AE-OU

44496737V

Rúa Cesáreo González, núm. 1, 8B, 32005 Ourense

2021187AE-OU

44491173L

Avda. Zamora, núm. 23, 4º esq. , 32005 Ourense

20211016AE-OU

34583959D

Lugar das Campinas, núm. 19, 32112 Paderne de Allariz (Ourense)

2021875AE-OU

44496610M

Rúa Nosa Señora da Saínza, núm. 6, 5º B, 32005 Ourense

2021960AE-OU

05337161B

Rúa Río Mente, núm. 4, 1º B, 32001 Ourense

2021887AE-OU

76707792D

San Rosendo, núm. 16, 6º D, 32001 Ourense