Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46152

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se modifica a Resolución do 6 de xuño de 2022 pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de Policía local dos concellos de Galicia.

Mediante a Resolución do 6 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, publicada no Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño, outorgouse o distintivo de permanencia ao persoal das policías locais que cumpriu 25 anos de servizo nos corpos da policía local, segundo as certificacións remitidas polos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos exixidos no artigo 93 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais.

Con data do 18 de xullo de 2022, recibiuse na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior un escrito do Concello de Lugo, no cal comunican que na certificación inicial remitida se omitiu por erro unha persoa que cumpre os requisitos para o outorgamento do distintivo de permanencia.

Por este motivo,

RESOLVO:

Modificar o anexo da Resolución do 6 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, publicada no Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño, incluíndo na listaxe correspondente ao Concello de Lugo a seguinte persoa:

Apelidos e nome

Ano de cumprimento

Castro Figueiras, Miguel Ángel

2018

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior