Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de agosto de 2022 polo que se notifica o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade LUL/27/2019-RP1.

A instrutora do expediente elaborou, o día 25 de abril de 2022, o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade por actuacións abusivas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, polas obras levadas a cabo no lugar de San Bartolo, no termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do prego de cargos aos herdeiros do interesado con documento nacional de identidade 33600762Q mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados o dito prego de cargos, mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do prego de cargos que se notifica estará ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Consonte o artigo 211.8 do Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas (RXC), os presuntos infractores disporán dun prazo de quince (15) días para formularen alegacións a este prego de cargo.

No caso de non efectuaren alegacións no prazo establecido, este prego de cargos considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 211.13 do RXC e no artigo 64.2, letra f), da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística