Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 29 de agosto de 2022 Páx. 46103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballedo (expediente IN407A 2022-69 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Pteticionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: regulamentación LMTA TTL823 subestación Os Peares 132 kV, ampliación POS MT.

Situación: concello de Carballedo.

Características técnicas principais: ampliación dunha nova posición de liña de MT equipada con:

– Un xogo tripolar de barras xerais de 1.250 A, 25 kA.

– Un seccionador tripolar, 1.000 A, 25 kA con tres posicións (aberto, pechado e posta á terra).

– Un interruptor automático tripolar de corte en baleiro, 1.000 A, 25 kA.

– Tres trafos de intensidade 200-400/5-5 A.

– Un transformador de intensidade toroidal 60/1A.

– Tres conectores enchufables para cable illado.

Finalidade da instalación: ampliación de instalacións.

Orzamento: 27.838,00 €.

Documentación que se xunta:

• Estudo básico de seguridade e saúde.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes cuestións:

Primeira. As instalacións deberanse axustar na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 3 de agosto de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo