En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, da cal non consta enderezo do seu titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
Expediente |
Polígono-parcela-lugar |
Interesado |
Referencia catastral |
Gestiona 869/2022 Urb 22/2022 |
Polígono 4, parcela 860 |
E.G. Enderezo descoñecido |
36036A004008600000QP |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 5 de agosto de 2022
Carmen María Estévez Adrover
Alcaldesa en funcións