Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 29 de agosto de 2022 Páx. 46141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de parcelas, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e das referencias catastrais de dúas parcelas en situación de risco de incendio, das cales non consta enderezo do seu titular ou resulta descoñecido, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Gestiona 1133/2022

Urb 40/2022

Polígono 11, parcela 2003

Descoñecido

36036A011020030000QL

Gestiona 1133/2022

Urb 40/2022

Polígono 11, parcela 132

J.R.T.

Enderezo descoñecido

36036A011001320000QO

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 4 de agosto de 2022

Carmen María Estévez Adrover
Alcaldesa en funcións