Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Venres, 26 de agosto de 2022 Páx. 46031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de agosto de 2022 pola que se empraza ao interesado no procedemento ordinario número 195/2022, no expediente de reposición da legalidade PON/77/2013-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, en relación co procedemento ordinario número 195/2022, interposto pola persoa con DNI 35213190Y, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 25 de marzo de 2022, interposto contra outra do 2 de xuño de 2015, expediente PON/77/2013-RP1, pola que se declara que as obras de construción dunha edificación para uso residencial e garaxe acaroado no camiño da Lomba, nº 3, barrio Tuimil, O Viso, no concello de Redondela, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como cese definitivo dos usos aos que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) se empraza a persoa con DNI 36023141N, para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2022

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística