Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45722

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontecesures

ANUNCIO de información pública sobre o texto inicial do convenio urbanístico para a formulación e o desenvolvemento da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Pontecesures.

O texto inicial do convenio urbanístico para a formulación e o desenvolvemento da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Pontecesures foi negociado e subscrito con data do 29 de xuño de 2022 coa entidade Nestlé España, S.A., representada por Julio Ribeiro Diniz.

De conformidade co establecido no artigo 401.2 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (Decreto 143/2016) e no artigo 25.1 do texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana (Real decreto lexislativo 7/2015), sométese a información pública o texto inicial do convenio polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en Faro de Vigo. Durante o dito prazo, poderase consultar o documento nas dependencias do Concello de Pontecesures e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (https://pontecesures.sedelectronica.gal/board).

Pontecesures, 1 de agosto de 2022

Juan Manuel Vidal Seage
Alcalde